Illa de Sálvora
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Illa de Sálvora está situada na boca da ría de Arousa. Pertence á parroquia do Carmen de Aguiño, Ribeira. Xunto coas illas Vionta e as Sagres forman o arquipélago de Sálvora, integrado xunto cos de Cíes, Ons e Cortegada no Parque Nacional das Illas Atlánticas no ano 2002.
Durante anos estivo poboada e tivo actividade agrícola, gandeira e pesqueira, pero está case deserta desde 1972. Nela atópanse, amais da aldea, 8 horreos, un lavadeiro e a fonte da Telleira ou de Santa Catalina, un almacén de finais do sec. XVIII ampliado cara 1963 con duas torres con aire de pazo, unha antiga taberna reconvertida en capela, un faro, un peirao un cruceiro e a estatua dunha serea. A parte do interior da ría conta con areais frecuentados por mergulladores deportivos.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da Illa de Sálvora
|
Peirao de Castiñeiras, ó fondo, Sálvora |
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Fernández de la Cigoña, Estanislao (1991), Illas de Galicia. Cíes, Ons, Sálvora, Tambo, San Simón e Cortegada, Vigo. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-582-7.
- Xosé María Fernández Pazos (1998), Sálvora: memoria dun naufraxio.