Rusia - Россия
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Российская Федерация Rossíyskaya Federatsíya Federación Rusa |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A Rusia (en Ruso: Россия, transliteración: Rossiya), ou Federación Rusa (en Ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiyskaya Federatsiya), é o maior país do mundo, extendéndose por case a metade de Europa e por perto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no Mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cais os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Cembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangell. Inclue tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sahalín, as illas Kuriles e as illas Komandorskie. A porción continental limita ao norte co Mar Branco, Mar de Kara, Mar de Laptev, Mar da Siberia Oriental e Mar de Chukchi, ao leste co Estreito de Bering e Mar de Bering, que establecen comunicación co Alasca, co Océano Pacífico, co Mar de Okhotsk e co Mar do Xapón, através do cal contacta co Xapón, ao sur coa Corea do Norte, coa China, con Mongolia, co Casaquistán, co Mar Caspio, co Acerbaixán, coa Xeorxia e co Mar Negro, do outro lado do cal está a Turquía, e a oeste limita co Mar de Azov, coa Ucraína, coa Bielorrusia, coa Letonia, coa Estonia, co Golfo de Finlandia, coa Finlandia e coa Noruega. Capital: Moscova
Índice |
[editar] Historia
- Artigo principal: Historia de Rusia.
Repetidas e devastadoras derrotas das tropas rusas na Primeira Guerra Mundial levaron a motíns xeralizados nas principais cidades do Imperio Ruso e á derrota, en 1917, da dinastía dos Romanov, que reinou perante 300 anos. Os comunistas, baixo o comando de Vladimir Iliych Ulyanov (coñecido por Lenin) conquistaron o poder deseguido, e formaron a URSS, na que Rusia ingresou como a República Socialista Sovietica Federativa de Rusia. Baixo o goberno de Iosif Stalin (nacido na Xeorxia) o dominio Ruso baixo a Unión Soviética fortaleceuse, ao custo de millóns de mortos e deportacións. A economia e a sociedade soviética ficaran atufadas en anos posteriores ata que o Secretario Xeral do Partido Comunista Mikhail Gorbachev introduciu a chamada glasnost (abertura, transparencia) e a perestroika (reestruturación) nunha tentativa de modernizar o comunismo, mais as súas iniciativas, sen que o desexase, estimularon forzas que, mais tarde, ata o fin de 1991, dividiron a antiga URSS en 15 repúblicas independentes. Dende entón, Rusia ten feito esforzos para construir un sistema político democrático e unha economía de mercado, para substituir o ríxido planexamento e control social, político e económico do período comunista. Un conflito de guerrillas forte aínda ocorre na rexión do Cáucaso Ruso, na república da Chechenia.
[editar] Subdivisións
- Artigo principal: Subdivisións de Rusia.
A Rusia divídese en 89 subdivisións. 49 provincias, 21 repúblicas, 10 distritos autónomos, 6 territorios, 2 cidades autónomas e unha provincia autónoma.
Cada distrito autónomo fai parte dun territorio ou unha provincia, do que parcialmente depende. Os outros tipos de subdivisións son independentes.
Nos últimos anos comezou o proceso de agregación das subdivisións.
[editar] Xeografía
- Artigo principal: Xeografía de Rusia.
[editar] Economía
- Artigo principal: Economía de Rusia.
[editar] Política
O presidente actual da Federación Rusa é Vladimir Putin.
[editar] Cultura
Dentro da literatura Rusa atópanse grandes mestres da literatura universal, rusos coma Alexander Pushkin, Fiódor Dostoievski, Lev Tolstoi, Anton Chekhov, etc.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Goberno da Rusia (en ruso e inglés).
- Sitio de noticias rusas (en portugués)
- Economic data of Russia (en ruso e inglés)
|
|
|---|
| Albania · Alemaña · Andorra · Austria · Bélxica · Bielorrusia · Bosnia - Hercegovina · Bulgaria · Chequia · Chipre · Croacia · Dinamarca · Eslovaquia · Eslovenia · España · Estonia · Finlandia · Francia · Grecia · Hungría · Irlanda · Islandia · Italia · Letonia · Liechtenstein · Lituania · Luxemburgo · República da Macedonia · Malta · Moldova · Mónaco · Montenegro · Noruega · Países Baixos · Polonia · Portugal · Reino Unido · Romanía · San Mariño · Serbia · Suecia · Suíza · Ucraína · Cidade do Vaticano Países con parte do seu territorio en Europa |
| Países do mundo | Asia |
| Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania |
| Países con parte do seu territorio en Asia |