Address:   Home Page

Lingua galega

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Galego
Falado en: Galicia
Terra Eo-Navia (Asturias)
O Bierzo (León)
As Portelas (Zamora)
Val do río Ellas (Cáceres)
Diáspora galega
Total de falantes: 3.188.400 (en 1986)[1]
Posición: Non está entre as 100 primeiras
Clasificación xenética: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Ítalo-occidental
    Occidental
     Galo-ibérica
      Ibero-románica
       Ibero-occidental
        Galego
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Galicia.
Regulado por: Real Academia Galega
Códigos de lingua
ISO 639-1: gl
ISO 639-2: glg
ISO 639-3: glg
SIL: GLG

A lingua galega é unha lingua romance, propia de Galicia, onde é oficial xunto co castelán. Nada e desenvolvida na antiga provincia romana da Gallaecia (que abranguía o territorio da Galicia actual, o norte de Portugal e territorios lindantes polo leste), formou unidade lingüística co portugués (galego-portugués) na Idade Media.

Índice

[editar] Extensión

Actualmente fálase en:

[editar] Historia da lingua

Falantes de galego como primeira lingua segundo os censos de poboación e vivendas do Instituto Galego de Estatística (2001)
Lingua inicial segundo a idade (Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004)
Competencia lingüística en galego. Datos baseados no Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004
Falantes en galego e castelán
Artigo principal: Historia da lingua galega.

A lingua galega é unha lingua romance ou neolatina, con influencia léxica pre-celta, celta, éuscara, xermánica, provenzal, castelá (arabismos, prestamos lingüísticos, ortografía moderna e certos trazos fonéticos) e amerindia.

O galego moderno descende do galego-portugués, lingua medieval que evolucionou e deu lugar aos actuais galego e portugués. A lingua galega fálase en Galicia, nos concellos limítrofes dos territorios españois de Asturias, León, Zamora, en tres concellos estremeños e nas comunidades de galegos emigrantes en Arxentina e Uruguai (máis de tres millóns de emigrantes galegos vivindo naqueles países).

A lingua galega é un romance autónomo para as autoridades lingüísticas oficiais en Galicia, emparentado co portugués, mentres para outros lingüistas aínda hoxe é unha variante co-dialectal do diasistema lingüístico galego-portugués.

A lingua considérase formada arredor do s. IX no que se refire á oralidade, como resultado da asimilación do latín vulgar falado polos conquistadores romanos no s. II dC.

No seu momento foi lingua culta fóra dos reinos de Galicia e Portugal nos reinos veciños de León e Castela. Escribiu en galego, por exemplo, o rei Afonso X o Sabio, as "Cantigas de Santa María". A súa importancia foi tal que se considera a segunda literatura durante a Idade Media, só despois do Occitano.

Recentemente foi achado o documento máis antigo escrito en galego no territorio actual galego que se conserva, o cal data do ano 1228, trátase do Foro do burgo de Castro Caldelas outorgado por Afonso IX en abril do dito ano ao municipio de Allariz (Galicia).

O galego-portugués tivo case 700 anos de existencia oficial e plena, pero as derrotas que a nobreza galega sufriu ao tomar partido polos bandos perdedores nas guerras de poder de finais do s. XIV e primeiros do s. XV provoca a asimilación da nobreza galega e a dominación castelá, o que leva consigo unha opresión e unha desaparición pública, oficial, literaria e relixiosa da lingua galega ata finais do s. XIX. Son os chamados Séculos Escuros. O portugués, pola súa banda, gozou durante este período dunha protección e desenvolvemento libre grazas a que Portugal foi o único territorio peninsular que permaneceu alleo ao dominio lingüístico do castelán.

Na actualidade o galego fálano case tres millóns de persoas; é a lingua minorizada con maior comprensión e uso porcentual dentro do Estado Español. É idioma oficial na Nacionalidade Histórica de Galicia (onde o castelán é co-oficial), e tamén se fala na Terra Eo-Navia (Asturias), no Baixo Bierzo (León), nas Portelas (Zamora) e na Serra de Xálima (Cáceres). Así mesmo é a lingua da importante comunidade galega no exterior, espallada por todo o mundo.

Desde o punto de vista reintegracionista, Galicia fala unha lingua que ten 210 millóns de falantes no mundo, coñecida como portugués. Aínda, no chamado galego do continente europeo, deberiamos incluír as falas do norte de Portugal, que conforman un conxunto relativamente unitario de falares no cadro da actual euro-rexión Galicia-Norte de Portugal.

Cada 17 de maio celébrase o "Día das Letras Galegas" dedicado a un escritor nesta lingua (elixido pola Real Academia Galega). O día escollido utilízano os organismos oficiais para potenciaren o uso e o coñecemento da lingua galega.

[editar] Posición oficial

A posición sostida pola administración galega e pola conciencia metalingüística da meirande parte da poboación do país é que hoxe galego e portugués constitúen linguas separadas cada unha delas con cadanseu respectivo estándar elaborado por cadansúa institución pero conservando algunhas ligazóns. As normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego son elaboradas pola Real Academia Galega en base aos seguintes criterios de estandarización.

  • Ortograficamente son estandarizadas aquelas grafías que teñan meirande presenza na literatura galega durante todos os séculos de produción. Considéranse ilexítimas as minoritarias.
  • A evolución da ortografía galega ao longo da súa literatura constituíuse coma unha ortografía máis fonética que etimolóxica en función das súas necesidades fonéticas coma a ortografía castelá, a portuguesa, a catalá ou a italiana. Só o francés e o inglés poden considerarse linguas de estandarización ortográfica estritamente etimolóxica.
  • No que atinxe á morfoloxía, tómase como referencia o galego central.
  • Son estandarizadas as solucións morfolóxicas maioritarias do galego contemporáneo e aquelas que teñan unha meirande presenza na tradición literaria do idioma. A Real Academia Galega prescinde de solucións morfolóxicas minoritarias, sen tradición literaria, alleas e innecesarias. Dende o 2003 son aceptadas solucións dobres ao atoparen diferentes solucións morfolóxicas que cumpren os requisitos para a estandarización. Adóptase unha visión máis ecléctica do idioma e acéptase o polimorfismo do diasistema lingüístico.

O idioma portugués está estandarizado seguindo uns criterios distintos:

  • A ortografía portuguesa é inspirada na ortografía do occitano produto do Real Decreto de Afonso III de Portugal, alegando motivos estéticos.
  • A morfoloxía do portugués superpuxo o dialecto de Lisboa por riba do resto en todo o territorio, afastándose así das solucións morfolóxicas galegas similares ao material lingüístico das comarcas portuguesas máis norteñas.
  • Dende o punto de vista sociolingüístico os trazos morfolóxicos residuais do actual norte de Portugal son calificados pexorativamente de dialectais ou provincianos e só se conservan na franxa etaria máis avanzada dos seus falantes. Estas formas non foron aptas para a estandarización provocando, eles, un afastamento morfolóxico considerable con respecto ao galego. Hoxe en día, o idioma portugués, lingua de estado durante máis de oito séculos, encóntrase homoxeneizado morfoloxicamente en todo Portugal.

[editar] Reintegracionismo

Así e todo existe unha postura que mantén que o galego non é unha lingua nin separada nin afastada do portugués, senón un outro dialecto do sistema galego-portugués. Trátase do reintegracionismo, e aínda existe tamén unha outra postura, o lusismo, que afirma que o galego e o portugués son a mesma lingua.

[editar] Dialectos

Mapa dos bloques e áreas lingüísticas do galego.
Mapa lingüístico do Galego cos bloques lingüísticos, as áreas e as subáreas lingüísticas.
Artigo principal: Áreas lingüísticas do galego

Segundo a separación dialectolóxica de Galicia empregada por organismos como a Real Academia Galega (RAG) e o Instituto da Lingua Galega (ILG) existen tres bloques lingüísticos recoñecidos, cada un coas súas particularidades:

  • Occidental, comprende a parte occidental de Galicia, dende a Costa da Morte ata o Miño, incluindo parte da Baixa Limia. Está formado por catro áreas:
    • Bergantiñá
    • Fisterrá
    • Pontevedresa
    • Baixo Limiá
  • Central, comprende a maior parte de Galicia, dende as Rías Altas ata Portugal, incluindo unha pequena parte de Asturias. Está formado tamén por catro áreas:
    • Mindoniense
    • Lucu-auriense
    • Central de transición
    • Oriental de transición

Estes bloques están caracterizados pola forma de construír o plural das palabras acabadas en -n, sendo as isoglosas que os delimitan cans/cas (bloques oriental e central, respectivamente) e cas/cais (bloques central e occidental, tamén respectivamente.

O filólogo portugués Cintra, que estudou os dialectos galegos como pertencentes ao diasistema galego-portugués e cuxos traballos son considerados de referencia en Portugal, preferiu separar o territorio galego en dúas áreas: a occidental, que presenta gheada (aspiración da fonema /g/ converténdose nunha /h/ aspirada similar á do inglés) e a oriental, que non presenta este fenómeno.

[editar] Características do galego

O galego, polo seu carácter periférico, distínguese do resto dos romances polo seu carácter á vez conservador e orixinal. Entre os últimos fenómenos están a queda de -n- e -l- intervocálicos (acontecida nos séculos IX e X) e a evolución de cl- pl- e fl- iniciais latinos e entre os conservadores a sintaxe e a conservación de expresións e fenómenos latinos (como o futuro de conxuntivo, aínda que con outro uso) que desapareceron na maioría dos romances.

[editar] Sons

Artigo principal: As vogais galegas.
Os fonemas vocálicos do Galego
Vogais
Fonema (IPA) Grafema Exemplo
/a/ a nada
/e/ e tres
/ɛ/ e ferro
/i/ i min
/o/ o bonito
/ɔ/ o home
/u/ u rúa

Este é o sistema común a todos os falares galegos excepto a fala de Estremadura, que apresenta 5 vogais como o castelán.


Consoantes do galego
Bilabiais Labiodentais Dentais Alveolares Pós-alveolares Palatais Velares
Realización xorda sonora xorda xorda sonora xorda sonora xorda sonora xorda sonora
Oclusivas p b t d k g
Nasais m n ɲ ɳ
Fricativas f θ s ʃ
Africadas
Laterais l ʎ
Tepes ɾ
Vibrante r

† Este fonema esta presente só nos dialectos galegos non seseantes, aqueles que pronuncian pazo de forma ben distinta de paso.

[editar] Institucións relacionadas

[editar] Asociacións relacionadas

  • AGAL, Associaçom Galega da Língua.
  • MNL, Mesa pola Normalización Lingüística.

[editar] Ligazóns

[editar] Outros

[editar] Notas

  1. Galego en ethnologue.com
  2. Ver Galego de Asturias
  3. Ver Fala de Estremadura

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas



Linguas e variedades románicas
aragonés | arromanés | asturiano | borgoñón | castelán | catalán | emiliano-romagnolo | francés | francoprovenzal | friuliano | galego (incluído a fala de Estremadura) | galó | istriarromanés | italiano | ladino | leonés (incluído o mirandés) | ligur | lombardo | lorrenés | megleno-arromanés | napolitano | normando | occitano | picardo | piemontés | poitevino-santoñés | portugués | retorrománico | romanés | sardo | siciliano | valón | véneto
Linguas extinguidas

dálmata | mozárabe

Your Ad Here