Baltar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Baltar (homónimos).
| Baltar | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Baltareño |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Ourense |
| Comarca: | Limia |
| Poboación: | 1.126 hab. (2007) |
| Área: | 94,0 km² |
| Densidade: | 11,98 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 7 parroquias |
| Capital do concello: | |
| Política (2007) | |
| Alcalde: | José Antonio Feijoo Alonso (PP) |
| Concelleiros: | BNG: 1 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 1 Outros: ADEI-O - 1 |
| Eleccións municipais en Baltar | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 99,10 % |
| Sitio web oficial | |
Baltar é un concello da Provincia de Ourense en Galicia. Pertence á Comarca da Limia. Historicamente, parte do seu territorio pertenceu ó Couto Mixto.
Poboación no 2007: 1.126 habitantes segundo o INE (1.149 no 2006, 1.177 no 2005, 1.180 no 2004, 1.189 no 2003).
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Baltareño
| Evolución da poboación de: Baltar - desde 1900 ata 2004 - | ||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
| 3.134 | 3.145 | 3.250 | 4.018 | 1.180 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
||||
Índice |
[editar] Xeografía
Baltar é un concello de interior, cun relevo suave encaixado entre os Montes de Montecelo e os Montes de Boullosa e a Serra de Larouco ao sul que, chegando aos 1.300 m., constitúe o limite natural con Portugal. Está regado por dous afluentes do río Limia, o río Faramontaos e o río Salas; o primeiro descorre cara o norte e logo cara o oeste e o segundo cara o sul.
O terreno é granítico, areoso e pouco fértil. Hai bosques de frondosas e coníferas nos vales e pradairos principalmente na Serra de Larouco.
O concello está atravesado pola estrada que leva a Xinzo de Limia.
Dase unha oscilación térmica acusada (14°C), con temperaturas medias anuais baixas (10°C) e poucas precipitacións (entre 25 e 125 mm.).
[editar] Historia
O territorio estivo poboado polos límicos até o século I, en que foi invadido por tribos bárbaras. É posíbel que no lugar de Dourique se disputase unha batalla entre o rei de Portugal e os mouros. En época medieval, era posesión da Casa de Monterrei. Parte do concello constituíu o Couto Mixto. A partir de 1950 a emigración foi un das causas polo que na actualidade diminuíu a suá poboación ata límites nunca vistos.
[editar] Economía
Predomina o sector primario de autoconsumo (50% da poboación), seguido da construción (20%), os servizos (20%) e a industria (5%).
O 45% do chan é forestal e o 20% son pradairos e o 35% dedicase a sementar patacas, centeo, millo, berzas da horta etc... Críanse porcos, vacas , ovellas e coellos.
[editar] Cultura
Na zona comprendida entre os ríos Salas e Faramontaos atópanse as ruínas dun lugar coñecido como Saler, do que se di que provén o nome do río.
O sivo é o traxe típico da zona e facíase con liño. Na parroquia de Santa María de Tixós atópase un dos fornos mais antigos do concello así como un cruceiro e un peto de animas digno de mención.
[editar] Lugares de Baltar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baltar vexa: Lugares de Baltar.
[editar] Parroquias
[editar] Véxase tamén
|
Referencias relacionadas con Galicia |
||